Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for the ‘Examenes’ Category

Natación: proba de 75m. 1º TSAAFD

Posted by Fra M. en septiembre 15, 2014

Normas básicas da proba de natación de 75 m. para 1º TSAAFD
A proba realízase en piscina de 25 m, e consiste en nadar 75 m. seguidos utilizando a técnica dos estilos de crol, espalda e braza cunha fase de buceo ó remate do 1º largo a estilo crol. A saída realízase dende a auga e durante a proba o nadador debe tocar coa mán ó remate de cada largo (2 máns en braza), non sendo posible realizar viraxes de voltereta. O crono párase ó tocar ambas mans a parede ó remate do largo de braza. Lee el resto de esta entrada »

Posted in D. Individuales, Examenes, Natación, Vídeo | Etiquetado: , , , , | Comentarios desactivados en Natación: proba de 75m. 1º TSAAFD

Habilidades ximnásticas: Probas prácticas 2012-13

Posted by Fra M. en junio 21, 2013

Nesta entrada iremos insertando algúns dos videos realizados polo alumnado de 1º TSAAFD do IES Sánchez Cantón de Pontevedra no Módulo de Deportes Individuais. Trátase da proba de habilidades ximnásticas realizada no curso 2012-13. A filmación foi realizada polo alumnado cos seus smartphones, encargándose eles da edición e subida a Youtube. Agradecerlles o seu traballo e adicación ó modulo durante este curso.  Conforme nos vaian chegando máis videos os iremos engadindo e reeditando a entrada.

Video do alumno Borja Gómez Buceta

Video da alumna Nerea VilaFernández

Entradas relacionadas

Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD 11-12

Habilidades ximnásticas: probas practicas doutros anos

Para saber mais: Lee el resto de esta entrada »

Posted in D. Individuales, Deportes, Educación física, Examenes, Gimnasia | Etiquetado: , , , | Comentarios desactivados en Habilidades ximnásticas: Probas prácticas 2012-13

Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD

Posted by Fra M. en octubre 11, 2012

A proba práctica de avaliación de habilidades ximnásticas consiste na realización dun montaxe das seguintes características:

  • Constará de 6 elementos ximnásticos de complexidade variable. O equilibrio de brazos e a roda lateral serán elementos ximnásticos obrigatorios, ainda que poden ser sustituidos por elementos ximnásticos de maior complexidade.
  • Os elementos ximnásticos serán unidos a través de al menos 4 enlaces ou elementos de transición, que poderán ser equilibrios, saltos, xiros ou desprazamentos, sendo recomendable que elixades al menos 1 enlace de cada grupo. Durante o examen poderanse recibir axudas, pero é importante que estén debidamente sincronizadas en canto a ubicación e realización.

Os exames son filmados, deste xeito o alumnado pode observar a súa execución e coñecer os erros a correxir. O alumnado que así o desexe pode subir o seu video a youtube e remitirnos o enlace correspondente.

O alumnado debe presentar un documento cun esquema da colocación das colchonetas (normalmente en L) e a ubicación espacial que fará dos distintos elementos e enlaces a utilizar no exercicio, detallando as axudas que se van a recibir. E necesario presentar un borrador previo durante as xornadas de preparación da proba. O documento definitivo entrégase o día do examen.

Entrada actualizada para o curso 2012-13: publicada inicialmente o 17/3/12. Agradecer a colaboración do alumnado de TSAAFD que intervén nos distintos videos e na confección dos documentos de apoio.

Posted in D. Individuales, Examenes, Gimnasia, TSAAFD | Etiquetado: , | 1 Comment »