Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD

Posted by Paco Carral en octubre 11, 2012

A proba práctica de avaliación de habilidades ximnásticas consiste na realización dun montaxe das seguintes características:

  • Constará de 6 elementos ximnásticos de complexidade variable. O equilibrio de brazos e a roda lateral serán elementos ximnásticos obrigatorios, ainda que poden ser sustituidos por elementos ximnásticos de maior complexidade.
  • Os elementos ximnásticos serán unidos a través de al menos 4 enlaces ou elementos de transición, que poderán ser equilibrios, saltos, xiros ou desprazamentos, sendo recomendable que elixades al menos 1 enlace de cada grupo. Durante o examen poderanse recibir axudas, pero é importante que estén debidamente sincronizadas en canto a ubicación e realización.

Os exames son filmados, deste xeito o alumnado pode observar a súa execución e coñecer os erros a correxir. O alumnado que así o desexe pode subir o seu video a youtube e remitirnos o enlace correspondente.

O alumnado debe presentar un documento cun esquema da colocación das colchonetas (normalmente en L) e a ubicación espacial que fará dos distintos elementos e enlaces a utilizar no exercicio, detallando as axudas que se van a recibir. E necesario presentar un borrador previo durante as xornadas de preparación da proba. O documento definitivo entrégase o día do examen.

Entrada actualizada para o curso 2012-13: publicada inicialmente o 17/3/12. Agradecer a colaboración do alumnado de TSAAFD que intervén nos distintos videos e na confección dos documentos de apoio.

Una respuesta to “Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD”

  1. […] Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD 11-12 […]

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: