Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for the ‘F.O.L’ Category

Organización de eventos: Semana branca Ciclo TSAAFD en Andorra 2013

Posted by Paco Carral en enero 31, 2013

Do sábado 19 ao 26 de xaneiro de 2013 o alumnado do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, participou na Semana Branca en Andorra.

Os alumnos e alumnas do Ciclo realizaron diversas tarefas programadas polo profesorado acompañante e demais equipo avaliador do Ciclo TSAAFD co fin de adquiriren capacitación nos eidos da planificación, execución e avaliación de actividades de dinamización de grupos no medio natural.

Ademais de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí alpino na estación de Soldeu Tarter, desenvolveuse unha actividade de patinaxe sobre xeo no Palau de Xel de Canillo e realizaouse unha visita ó centro termolúdico de Caldea.

Sen dúbida, esta saída complementa axeitadamente a formación do alumnado do ciclo TSAAFD de cara a facilitar a súa inserción no mercado laboral ou na posterior formación universitaria.

Acompañaron ó alumnado un grupo de participantes externos e ex alumnos que asumiron o papel de clientes virtuais do servicio. O alumnado asumiu labores de colaboración e control do grupo, reparto de material, entradas, tickets e forfaits, control e lista de participantes para o comedor, control e contaxe en paradas, así como elaboración de reportaxe gráfico e videos sobre a metodoloxía de ensino nos cursos de esquí e reportaxe sobre as pistas máis interesantes baixo o punto de vista do acompañamento recreativo de grupos.

O sistema de información para a inscripción dos participantes foi desenvolto a través da Web de xestión de actividades  que temos no centro e que estructúrase dentro da plataforma moddle. En canto ás ferramentas de moddle que utilizamos están o formato web para a edición da información e para as inscripcións utilizamos a ferramenta denominada retroalimentación anónima, o que permite inscribir ós participantes independentemente de que teñan contrasinal. Para a avaliación da actividade utilizouse tamén a ferramenta da retroalimentación anónima que nestes días está a recibir a información que dará lugar os cambios que os nosos alumnos e clientes virtuais nos van pedindo cada ano.

Para a xestión de correo cos participantes utilizouse unha conta de gmail na que vimos almacenando e elaborando grupos cos contactos de todos os anos. Para a administración e control contable utilizamos software libre, follas de cálculo open office, tendo unha asociación de alumnos (Aletheia) a través da cal xestionamos a recaudación e posterior pago á axencia ( Barceló Viaxes). As fichas de traballo utilizadas co alumnado durante a actividade foron elaboradas no Módulo de Proxecto co profesor Xan Rey Durán.

Colaboracións na edición desta entrada: Charo Sánchez Gabriel (Biblioteca) e Xosé Luís Janeiro Espiñeira (FOL). Asesoramento, deseño e estructura web: Marián Costa Giráldez (TIC) .

Enlaces: Canal youtube IES Sánchez Cantón

Anuncios

Posted in D. Implementos, D. Individuales, F.O.L, Gestión, Patinaje, Recreación, TSAAFD | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Organización de eventos: Semana branca Ciclo TSAAFD en Andorra 2013

A entrevista de traballo

Posted by Paco Carral en enero 28, 2013

A entrevista de traballo é un aspecto extremadamente importante á hora de buscar un traballo. Neste video móstranse dous exemplos de entrevistas, realizándose a continuación de cada unha delas un análise dos aspectos positivos e negativos observados.

Éxito en una entrevista de trabajo

Buen ejemplo: fin de entrevista

Preguntas complicadas en una entrevista de trabajo

Posted in Actitudes, F.O.L, Gestión, TSAAFD | Etiquetado: | Comentarios desactivados en A entrevista de traballo

O mundo do traballo en Galicia

Posted by xljaneiro en noviembre 27, 2008

Interesantes imaxes sobre o traballo en Galicia. Para ver as dúas partes (1 e 2) e logo reflexionar sobre a historia e presente do traballo na nosa terra: de onde vimos e cara onde imos.

Posted in F.O.L | Etiquetado: | Comentarios desactivados en O mundo do traballo en Galicia

FOL nos xornais

Posted by janeiro en junio 20, 2008

Achégase unha serie de textos xornalísticos de contido laboral, de interese para a unha visión complementaria da materia de FOL.

A xustiza recoñece a un pai dereito de lactancia antes denegado pola Xunta de Galicia

Discriminación laboral da muller

Sinistralidade laboral

Semana laboral de 65 horas

Reinserción laboral dos deportistas de elite

Inserción laboral dos ciclos de FP

Posted in F.O.L | Etiquetado: | Comentarios desactivados en FOL nos xornais

Estatuto dos Traballadores

Posted by janeiro en junio 19, 2008

Norma laboral básica para os traballadores comprendidos no seu ámbito de aplicación. Podes consultar ou descargar o ET.

Posted in F.O.L, TSAAFD | Etiquetado: | 1 Comment »