Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for the ‘AFA 18/19’ Category

Goyur

Posted by Fra M. en octubre 23, 2018

GOYUR

Dentro da preparación das actividades a desenvolver en decembro de Slalom e Boccia, coa asociación Amencer – Aspace no pabellón do Sánchez Cantón, buscando información atopamos este interesante video editado polo Centro de Referencia Estatal de San Andrés del Rabanedo – León.

Goyur é a Mascota do Centro. A súa misión é facer chegar aos máis pequenos o lema: «unha cadeira de rodas sirve para desplazarse, non para diferenciarse»

Posted in AFA, AFA 18/19, Diversidad funcional, Educación física, PDC, TSAAFD | Comentarios desactivados en Goyur

8/10/18 Actividade Rodando 2º TSAAFD – AFA

Posted by Fra M. en octubre 8, 2018

rodando

Actividade Rodando desenvolta en colaboración coas asociacions Amencer,  Xuntos e Amizade coa colaboración de Pedaladas. O alumnado de 2º TSAAFD dentro do  módulo de Actividades Físicas Adaptadas, realizaron tarefas de acompañamento e colaboracion coas asociacións.  A actividade iniciouse as 16.30 h e rematou as 18.30. Agradecer ao grupo de voluntarios que colaboraron na recollida e entrega das bicicletas. Adxuntamos ligaźon a reportaxe gráfico da actividade.

Posted in Actitudes, AFA, AFA 18/19, Diversidad funcional, Educación física, TSAAFD | Comentarios desactivados en 8/10/18 Actividade Rodando 2º TSAAFD – AFA

La ciencia de la salud: cardiopatía

Posted by pacocarral en May 27, 2018

latido

La ciencia de la salud, programa que se emite na TVE2,  adéntrase nos 23 programas dos que consta a serie nas vidas e historias de pacientes e médicos para facer ter unha mellor perspectiva cara o fascinante mundo da saude e a mediciña.

Neste episodio emitido o 27/5/18, 2 alumnos con cardiopatía,  os seus profesores, familias, médicos e servicios de urxencias, explican os seus casos e a importancia dunha rápida intervención, a importancia dos espacios cardioprotexidos e a importancia de manter uns protocolos de funcionamento nos centros que garantan unha resposta rápida e efectiva. Neste caso vemos como a experiencia dun caso serviu para alertar e axilizar procedementos no outro.

Posted in AFA, AFA 18/19, Bases anatómicas fisiológicas, Educación física, Primeros Auxilios, protocolos centros, Socorrismo | Comentarios desactivados en La ciencia de la salud: cardiopatía