Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for the ‘C. Técnico Fútbol’ Category

Video Proba Específica de acceso as EE.DD CTD Fútbol

Posted by Fra M. en julio 9, 2020

Video filmado nas instalacions da Xunqueira coa colaboración do profesorado do dto. de Ed. Física e alumnado e profesorado do CTD Fútbol do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Agradecer a cesión das instalacións ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra.

Executante: Yahvé Prieto / Imaxes: Xurxo Pena.

Descripción desta proba na páxina da Consellería

Toda a información sobre resolución da convocatoria de probas de acceso, prazos de matrícula e listados de admitidos publícase na páxina da consellería, ainda que tamén a poderán atopar na páxina de secretaría do IES Sánchez Cantón. Tamén teñen información na páxina web de Ensinanzas Deportivas.

Posted in C. Técnico Fútbol, D. Equipo, Educación física, Vídeo | Etiquetado: , , , | Comentarios desactivados en Video Proba Específica de acceso as EE.DD CTD Fútbol

Probas acceso EE.DD Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón 19/20

Posted by Fra M. en septiembre 5, 2019

 

 

Para o acceso ós Ciclos Técnico Deportivos os candidatos deberán realizar dentro do proceso selectivo, unha serie de probas na convocatoria correspondente que realiza a Consellería de Educación anualmente. A proba consta dunha parte de condición física e outra de habilidades específicas de cada deporte. Na páxina da Consellería . está a descripción de cada unha das probas nas distintas especialidades deportivas. Enlazamos a de Fútbol e a de Balonmán.

As datas, lugar e horarios das probas publícanse na convocatoria anual que a Consellería realiza a través do DOGA. As probas do IES Sánchez Cantón realízanse no pavillón multiusos da Xunqueira e no campo de herba sintética anexo,  instalacións que cede o  SMD do Concello de Pontevedra. En función da ocupación poderá asignarse un espazo alternativo,  polo que é importante estar a hora indicada na convocatoria.

Toda a información sobre resolución da convocatoria, prazos e listados de admitidos publícase na páxina da consellería, ainda que tamén a poderán atopar na páxina de secretaría do noso centro e taboeiros. Tamén teñen información na páxina web de Ensinanzas Deportivas.

Teléfono de contacto do centro IES Sánchez Cantón: 886159039 .

Os candidatos deberán identificarse co DNI e deberán traer indumentaria deportiva. Para a proba técnica de fútbol poden ser utilizadas botas de fútbol.  O campo é de herva sintética, polo que podería  ir ben o multitaco. Tamén pode utilizarse taco de goma,debendo seguir en todo caso as instruccións do tribunal  das  probas de acceso e o contido na orde  de convocatoria de probas da Consellería de Educación.

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Educación física | Comentarios desactivados en Probas acceso EE.DD Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón 19/20

Probas acceso C.T.D Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón Pontevedra 2016-17

Posted by Fra M. en septiembre 1, 2016

flexibilidad

Para o acceso ós Ciclos Técnico Deportivos os candidatos deberán realizar dentro do proceso selectivo, unha serie de probas na convocatoria correspondente que realiza a Consellería de Educación anualmente. A proba consta dunha parte de condición física e outra de habilidades específicas de cada deporte. Na páxina da xunta. está a descripción de cada unha das probas nas distintas especialidades deportivas. Enlazamos a de Ftbol e a de Balonmán.

As datas, lugar e horarios das probas publícanse na convocatoria anual que a Consellería realiza a través do DOGA. As probas do IES Sánchez Cantón realízanse no pavillón multiusos da Xunqueira e no campo de herba sintética anexo,  instalacións que cede o  IMD do Concello de Pontevedra.

Toda a información sobre convocatoria, prazos e listados de admitidos publícase na páxina da consellería, ainda que tamén a poderán atopar na páxina de secretaría do noso centro. Tamén teñen información na páxina web de Ensinanzas Deportivas.

Teléfono de contacto do centro IES Sánchez Cantón: 886159039 .

Os candidatos deberán identificarse co DNI e deberán traer indumentaria deportiva. Para a proba técnica de fútbol poden ser utilizadas botas de fútbol.  O campo é de herva sintética, polo que pode ir ben o multitaco. Tamén pode utilizarse taco de goma

Horarios e lugar das probas: No IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7 /09/2016 ás 10.00 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición. – Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7/9/16 ás 9.30 horas

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17

Listados inscritos probas 2016-17: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19680

Logo das probas, na páxina da consellería publícanse os resultados. O alumnado deberá matricularse dentro do plazo establecido a risco de perder a súa praza en favor do seguinte na lista.

Actualizado 1/09/2016

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Probas acceso C.T.D Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón Pontevedra 2016-17

Francia – Alemania do 1982 ó 2014

Posted by Fra M. en julio 4, 2014

Dentro dunhas horas celébrase o partido Francia –  Alemania do Mundial de fútbol de Brasil 2014. No mundial de España 1982 os equipos que agora disputan os cuartos de final, disputaron entonces unha semifinal memorable, antesala da edade de oro de Francia. Hoxe xa como espectador estará Michael Platiní, autor dun dos 3 goles de Francia naquel partido. Outro xogador MVP daquel encontro, Giress, agora ós 61 anos recorda aquela semifinal e fala das diferencias entre épocas, ainda que aquela Francia, precusora da Francia campeona do mundial 1998 xa tiña un estilo futbolístico dos que gusta ver gañar.

Posted in C. Técnico Fútbol, Fútbol | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Francia – Alemania do 1982 ó 2014

Listados inscritos nas probas de acceso ós CTD de Fútbol e Balonmán

Posted by Fra M. en julio 11, 2012

Información e listados admitidos ás probas de acceso ós CTD de Fútbol e Balonmán 2012-13 na páxina do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e na páxina da Consellería de Educación. Importante: Prazo para a entrega de documentación pendente na secretaría ata o 13/07/2012

Información no Twitter

ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos | Etiquetado: , , , | Comentarios desactivados en Listados inscritos nas probas de acceso ós CTD de Fútbol e Balonmán

Abertos prazos inscripción probas acceso CTD de Fútbol e Balonmán I, preinscipción nivel II e CTD Superior de Fútbol e Balonmán

Posted by Fra M. en junio 11, 2012

Probas de aceso a Ciclos Técnico Deportivos nivel I de Fútbol e Balonmán

Prazo de matrícula: do 7 de xuño ata o 28 de xuño na Secretaria do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Comunícase ó alumnado e interesados as datas e lugar de inscripción para as probas de acceso ós Ciclos Técnico Deportivos de nivel I en Fútbol e Balonmán conforme á RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013.

Requisitos nivel I:

  • Título de graduado en ESO ou equivalente
  • Ter 17 anos e superar a proba de madurez
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de acceso a universidade para maiores de 25 anos.

Solicitudes de inscrición: Anexo I da Resolución do 4 de xuño de 2012
(DOG, num 108 do 7 de xuño de 2012).

  • Mérito deportivo: Condición deportista de alto nivel.
  • Aspirantes con discapacidade: Certificado emitido polo IMSERSO.
  • Titulacións obtidas no extranxeiro: Volante de inscrición condicional

PRAZOS:

  • Relación provisoria de persoas inscritas: 10 de xullo.
  • Alegacións ás listaxes provisorias: do 11 ó 13 de xullo
  • Relación definitiva de persoas inscritas: 19 de xullo.
  • Prazo de matrícula: dende a data da publicación de admitidos ata o 19 de setembro.

Descripción das probas:

Datas, horario e lugar das probas:

  • Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 h ás 13.00 h.IES As Fontiñas en Santiago de Compostela
  • Probas de acceso específica: 11 de setembro as 9.00 h. Campo de fútbol A Xunqueira II

Máis información na web do IES Sánchez Cantón, ou na nosa conta de Twiter

Preinscripción ciclos técnico deportivos nivel II e III de fútbol e balonmán

Comunícase ó alumnado os prazos e lugar de pre-inscripción para os Ciclos Técnico Deportivos de nivel II e Ciclo Superior, nivel III en Fútbol e Balonmán a desenvolver no IES Sánchez Cantón de Pontevedra no curso escolar 2012-13.

As preinscripcións deberán realizarse na secretaría do IES Sánchez Cantón de Pontevedra ata o día 28 de xuño de 2012. Os ciclos serán impartidos en caso de alcanzar al menos 10 alumnos na matrícula definitiva por nivel.

Requisitos nivel III:

  • Título de Bacharelato ou equivalente
  • Título técnico deportivo de grao medio
  • Experiencia profesional de unha tempada ou 6 meses (183 días) con ficha federativa de adestrador en calquera categoría (3ª división, Rexional Preferente, Rexional Ordinaria, Liga Nacional Xuvenil, o en competiciones de las categorías Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín ou Benxamín)

Requisitos nivel II: ter superado o nivel I de técnico deportivo de grao medio na disciplina deportiva correspondente (fútbol ou balonmán)

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos | Etiquetado: , , , | Comentarios desactivados en Abertos prazos inscripción probas acceso CTD de Fútbol e Balonmán I, preinscipción nivel II e CTD Superior de Fútbol e Balonmán

Nova Ley do Deporte de Galicia

Posted by Jesus en abril 16, 2012

A Ley 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia sae publicada no

Diario Oficial de Galicia número 71  do Venres, 13 de abril de 2012 . A norma foi aprobada polo Parlamento de Galicia na súa sesión plenaria do pasado 27 de marzo.

Substitúe a Lei do 97, que é así derrogada, e ven a acompasar as previsións legais do deporte galego á súa realidade e actuais necesidades, asentado tamén as bases para o seu futuro desenvolvemento.

Consta de IX Títulos onde se abordan aspectos como as competencias das Administracións públicas, os suxeitos da actividade deportiva, a xurisdición deportiva, a protección da saúde dos deportistas e a loita contra a dopaxe, ou a loita contra a violencia e as condutas contrarias á boa orde deportiva. Prevé un prazo dun ano para a adaptación das entidades deportivas galegas as súas previsións.

Máis información:

http://deportegalego.es/index.php?idMenu=67&int1=1712&idIdioma=2

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos, TSAAFD | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Nova Ley do Deporte de Galicia

Concedido o nivel III dos CTD de Fútbol e Balonmán ó IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Posted by Fra M. en octubre 29, 2011

No DOGA nº 190 do Martes, 4 de outubro de 2011 foi publicada a Orde do 22 de agosto de 2011 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2011-2012. O IES Sánchez Cantón terá concedidos según a citada orde para o vindeiro curso escolar 2012-13 o CTD nivel III de Fútbol e Balonmán sempre e cando se alcance o número mínimo de alumnado matriculado previsto na orde e nos prazos que se habiliten a tal fin.

Iremos dando información na web do IES Sánchez Cantón no enlace relativo a Ciclos TSAAFD e CTD de Fútbol e Balonmán.

Concesión do nivel III de CTD de Fútbol e Balonmán ó IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Educación física, Fútbol | Comentarios desactivados en Concedido o nivel III dos CTD de Fútbol e Balonmán ó IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Resultados das probas de acceso a CTD, prazo de reclamacións e matrícula curso 2011-12

Posted by Fra M. en septiembre 13, 2011

Ciclos Técnico Deportivos de Fútbol e Balonmán: Matrícula para o curso 2011-12:

  • O prazo de matrícula será do 14 ao 21 de setembro de 2011 na secretaría do IES Sánchez Cantón

Resultados nas probas de acceso a CTD de Futbol e Balonmán realizadas no IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Procedemento e prazo de reclamacións sobre a proba específica para o acceso ás ensinanzas deportivas:

  • Procedemento para efectuar reclamacións ás cualificacións á proba específica para o acceso ás ensinanzas deportivas convocadas pola Resolución do 9 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2011-2012 (DOG 27/05/2011), publicadas no portal educativo http://www.edu.xunta.es con data 13/09/2011:
  • Os/As interesados/as disporán dun prazo de 2 días hábiles desde a publicación das cualificacións (ata o 15/09/2011, inclusive) para efectuar as reclamacións que consideren oportunas.
  • As reclamacións deberán efectuarse por fax ao número: 981 184792 (Inspección Educativa da Xefatura Territorial de Educación da Coruña) e deberán dirixirse á atención de Fernando Fernández Fraga, Presidente do Tribunal das probas de acceso ás Ensinanzas Deportivas.

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos, Fútbol | Comentarios desactivados en Resultados das probas de acceso a CTD, prazo de reclamacións e matrícula curso 2011-12

Ciclos Técnico Deportivos: listaxe definitiva de admitidos e excluidos para as probas de acceso

Posted by Fra M. en julio 27, 2011

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas:

Os aspirantes que non presentaron a documentación correctamente, deberán achegar os documentos requiridos ao tribunal o día da proba específica.


Data e lugar das probas de Fútbol:

Venres día 9 de setembro de 2011 de 11:00 – 15:00 h. no campo de fútbol de herba sintética “A Xunqueira II”, instalacións do IMD de Pontevedra. (Na orde da Consellería aparece por error o IES Sánchez Cantón como lugar das probas).

 Data e lugar das probas de Balonmán:

Venres día 9 de setembro de 2011 de 9:00 – 11:00 h. no pavillón multiusos da Xunqueira, instalacións do IMD de Pontevedra. (Na orde da Consellería aparece por error o IES Sánchez Cantón como lugar das probas).

 Matrícula para o curso 2011-12:

O prazo de matrícula será do 14 ao 21 de setembro de 2011 na secretaría do IES Sánchez Cantón

 Enlaces:

Podedes atopar esta información na Web  da Consellería de Educación, na web dinámica do IES Sánchez Cantón e no Blog CICLOS DEPORTE.

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos | Comentarios desactivados en Ciclos Técnico Deportivos: listaxe definitiva de admitidos e excluidos para as probas de acceso