Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Abertos prazos inscripción probas acceso CTD de Fútbol e Balonmán I, preinscipción nivel II e CTD Superior de Fútbol e Balonmán

Posted by Paco Carral en junio 11, 2012

Probas de aceso a Ciclos Técnico Deportivos nivel I de Fútbol e Balonmán

Prazo de matrícula: do 7 de xuño ata o 28 de xuño na Secretaria do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Comunícase ó alumnado e interesados as datas e lugar de inscripción para as probas de acceso ós Ciclos Técnico Deportivos de nivel I en Fútbol e Balonmán conforme á RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013.

Requisitos nivel I:

  • Título de graduado en ESO ou equivalente
  • Ter 17 anos e superar a proba de madurez
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de acceso a universidade para maiores de 25 anos.

Solicitudes de inscrición: Anexo I da Resolución do 4 de xuño de 2012
(DOG, num 108 do 7 de xuño de 2012).

  • Mérito deportivo: Condición deportista de alto nivel.
  • Aspirantes con discapacidade: Certificado emitido polo IMSERSO.
  • Titulacións obtidas no extranxeiro: Volante de inscrición condicional

PRAZOS:

  • Relación provisoria de persoas inscritas: 10 de xullo.
  • Alegacións ás listaxes provisorias: do 11 ó 13 de xullo
  • Relación definitiva de persoas inscritas: 19 de xullo.
  • Prazo de matrícula: dende a data da publicación de admitidos ata o 19 de setembro.

Descripción das probas:

Datas, horario e lugar das probas:

  • Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 h ás 13.00 h.IES As Fontiñas en Santiago de Compostela
  • Probas de acceso específica: 11 de setembro as 9.00 h. Campo de fútbol A Xunqueira II

Máis información na web do IES Sánchez Cantón, ou na nosa conta de Twiter

Preinscripción ciclos técnico deportivos nivel II e III de fútbol e balonmán

Comunícase ó alumnado os prazos e lugar de pre-inscripción para os Ciclos Técnico Deportivos de nivel II e Ciclo Superior, nivel III en Fútbol e Balonmán a desenvolver no IES Sánchez Cantón de Pontevedra no curso escolar 2012-13.

As preinscripcións deberán realizarse na secretaría do IES Sánchez Cantón de Pontevedra ata o día 28 de xuño de 2012. Os ciclos serán impartidos en caso de alcanzar al menos 10 alumnos na matrícula definitiva por nivel.

Requisitos nivel III:

  • Título de Bacharelato ou equivalente
  • Título técnico deportivo de grao medio
  • Experiencia profesional de unha tempada ou 6 meses (183 días) con ficha federativa de adestrador en calquera categoría (3ª división, Rexional Preferente, Rexional Ordinaria, Liga Nacional Xuvenil, o en competiciones de las categorías Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín ou Benxamín)

Requisitos nivel II: ter superado o nivel I de técnico deportivo de grao medio na disciplina deportiva correspondente (fútbol ou balonmán)

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: