Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Habilidades ximnásticas: Probas prácticas 2012-13

Posted by Paco Carral en junio 21, 2013

Nesta entrada iremos insertando algúns dos videos realizados polo alumnado de 1º TSAAFD do IES Sánchez Cantón de Pontevedra no Módulo de Deportes Individuais. Trátase da proba de habilidades ximnásticas realizada no curso 2012-13. A filmación foi realizada polo alumnado cos seus smartphones, encargándose eles da edición e subida a Youtube. Agradecerlles o seu traballo e adicación ó modulo durante este curso.  Conforme nos vaian chegando máis videos os iremos engadindo e reeditando a entrada.

Video do alumno Borja Gómez Buceta

Video da alumna Nerea VilaFernández

Entradas relacionadas

Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD 11-12

Habilidades ximnásticas: probas practicas doutros anos

Para saber mais:

A proba práctica de avaliación de habilidades ximnásticas consiste na realización dun montaxe das seguintes características:

  • Constará de 6 elementos ximnásticos de complexidade variable. O equilibrio de brazos e a roda lateral serán elementos ximnásticos obrigatorios, ainda que poden ser sustituidos por elementos ximnásticos de maior complexidade.
  • Os elementos ximnásticos serán unidos a través de al menos 4 enlaces ou elementos de transición, que poderán ser equilibrios, saltos, xiros ou desprazamentos, sendo recomendable que elixades al menos 1 enlace de cada grupo. Durante o examen poderanse recibir axudas, pero é importante que estén debidamente sincronizadas en canto a realización e ubicación  Os axudantes deberán desaparecer da imaxen sen obstaculizar a visibilidade do exercicio.

Os exames son filmados, deste xeito o alumnado pode observar a súa execución e coñecer os erros a correxir. O alumnado que así o desexe pode subir o seu video a youtube e remitirnos o enlace correspondente para publicalo no blog Ciclos Deporte.

O alumnado debe presentar un documento cun esquema da colocación das colchonetas (normalmente en L) e a ubicación espacial que fará dos distintos elementos e enlaces a utilizar no exercicio, detallando a ubicación das axudas que precise en cada elemento. Non se permiten axudas nos enlaces. E necesario presentar un borrador previo durante as xornadas de preparación da proba. O documento definitivo entrégase o día do examen ordinario / extraordinario. como requisito previo para realizar o exercicio práctico.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: