Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Natación: proba de 75m. 1º TSAAFD

Posted by Paco Carral en septiembre 15, 2014

Normas básicas da proba de natación de 75 m. para 1º TSAAFD
A proba realízase en piscina de 25 m, e consiste en nadar 75 m. seguidos utilizando a técnica dos estilos de crol, espalda e braza cunha fase de buceo ó remate do 1º largo a estilo crol. A saída realízase dende a auga e durante a proba o nadador debe tocar coa mán ó remate de cada largo (2 máns en braza), non sendo posible realizar viraxes de voltereta. O crono párase ó tocar ambas mans a parede ó remate do largo de braza.
  • Na saída para o primeiro estilo (crol), o  nadador espera a saída co corpo na auga e tendo unha man en contaco co bordillo. O alumno estará atento ó profesor, que terá o brazo en alto, iniciando a saída cando éste inicie o movemento de baixada do brazo e accionando o crono cando o profesor observa que o nadador inicia o movemento de saída. No caso de saida falsa ou ter que repetir a proba, farase logo de que o alumno dispoña dun espazo de tempo de recuperación ou ó remate da proba por parte do resto dos compañeiros/as sempre que sexa posible.
  • Antes de terminar o primeiro largo de estilo crol, é sen tocar previamente o bordillo / parede / corcheira, o alumno/a debe recoller un aro duns 20 cm. de diámetro que estará situado no fondo da piscina e aproximadamente a 1 metro de distancia da parede. O alumno recollerá 1 aro e o deixará sobre o bordillo da piscina conforme ó video demostrativo.
  • Logo de deixar o aro, o nadador poderá empurrarse cos pes ou mans na parede para inicial co estilo espalda o 2º largo  ata finalizar na parede oposta e mantendo unha posición dorsal de nado ata o momento de tocar a parede. Non facelo deste xeito motivará a suma de 1 segundo no tempo total ou a repetición da proba a criterio do examinador.
  • O 3º largo deberá ser nadado co estilo braza, debéndose de realizar o movemento de brazos e patada de braza de xeito regulamentario. Na chegada o crono párase cando as 2 mans chegan á parede.

Os mínimos serán conformes ó Baremo da proba e poderanse realizar controis previos de avaliación.

Material obrigatorio para o acceso á piscina: chanclas de baño, bañador e gorro.

Material necesario para as clases: gafas e toalla. Para o alumnado que non realice algunha sesión por estar lesionado ou enfermo, será necesario traer o impreso de ficha de sesión,  papel e bolígrafo.
Durante o test o resto do alumnado manterase fora da calle de examen ata a saída e en silencio, evitando estar no largo de viraxe de espalda. Logo do inicio do 3º largo (braza), o seguinte alumno conforme ó turno establecido previamente, ubicarase no lugar de saída e estará atento ás instruccións de saída do profesor.
O alumnado poderá realizar máis de un intento en función do tempo e datas dispoñibles para a avaliación.

  • Video demostrativo da proba de natación: colgado no canal do IES Sánchez Cantón en Youtube tendes este video demostrativo. Agradecer ó alumno de  TSAAFD Diego Abal a súa inestimable colaboración na realización deste video e agradecer as facilidades dadas pola empresa Serviocio para a grabación nas instalacións da Piscina de Campolongo.
  • Consellos de adestramento para unha proba de natación: no curso 2013-14 compartimos este documento co noso alumnado para que teñan unha referencia de como realizar a preparación dunha proba de natacion en xeral, ainda que os consellos están moi orientados á nosa proba en canto a distancias e o volumen axústase un pouco a duración das nosas sesións e ó nivel do noso alumnado de 1º TSAAFD. O documento irá sendo actualizado. Se atopades máis información que queirades engadir a este documento non dudedes en remitila ó noso correo de contacto do Módulo Dind:  fpc.individuales@gmail.com. 
Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: