Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Posts etiquetados ‘xogos populares’

Bolos Celta: as regras

Publicado por Gabriel en mayo 26, 2009

A modalidade de Bolos Celta é un deporte autóctono que se soga principalmente no Val Miñor e no Baixo Miño: Concellos de Baiona, Oia, Gondomar, Nigrán, Tomiño, O Rosal etc e nos centros galegos de Montevideo e Bos Aires.
O obxectivo de cada tirada é derrubar o maior número de bolos posible pero desprazándoos o mais lonxe posible para acadar a mellor xogada.

bolos

REGRAS:
Campo de xogo: Base de lanzamento (35 a 40 cm. de altura), lugar de caída, pedra boleira (á mesma altura que a base), raia ou liña de 10 puntos (situada a 21 metros da pedra boleira) e punto de birlo (dende calquera punto da raia).

Bolas de madeira dura ( buxo, principalmente ).

Bolos: 18 en forma de cono ou bala, de uns 15 cm. de altura.

Valoración das xogadas: Para poder anotar puntos é necesario que a bola, despois de ser lanzada, supere a raia ou liña de 10 puntos.
Cada bolo derrubado vale 1 punto. Os bolos que superen a raia valen 10 puntos cada un.

Birlar: Para birlar lánzase a bola rodando dende un punto fixo da raia. Pero para poder birlar é necesario que a bola lanzada dende a base teña superado a raia, senón non hai dereito a birlar.
Cada bolo derrubado co lanzamento dende o punto de birlo vale un punto.

Artículos relacionados:

Iniciación os Bolos Celta

Bolos celta

Publicado en Juegos | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

Iniciación os Bolos Celta

Publicado por Gabriel en mayo 10, 2009

Para realizar a práctica de bolos celta, dentro dos contidos de xogos populares, trasladámonos todos os anos ó campo de xogo de Mañufe, no concello de Nigrán.

Alí, acompañados e dirixidos polo campión de España da modalidade, José Rodríguez Domínguez, gozamos dunha xornada de aprendizaxe.

Velaí algunha fotos e vídeos da derradeira xornada

Artículos relacionados:

Publicado en Juegos | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

Bolos celta

Publicado por Gabriel en mayo 20, 2008

Dentro do módulo de xogos e de dinámica de grupos incluimos os xogos populares, e no último trimestre faremos a sesión práctica de bolos celtas. No campo de Mañufre (Gondomar), coa colaboración de José Rodríguez Domínguez.

Este e un resumo da actividade

Enlace a noticias sobre bolos celta: www.iberinfo.com.ar

Publicado en Educación física, Juegos, Vídeo | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

Bolos celtas

Publicado por Gabriel en mayo 3, 2008

Lanzamentos de precisión, como parte do adestramento do actual campeón de España José Rodríguez Domíngez

Ver el vídeo desde youtube

Artículos relacionados:
lanzamentos a chave

Publicado en Educación física, Juegos, TSAAFD, Vídeo | Etiquetado: , , , | Leave a Comment »

Lanzamentos a chave

Publicado por Gabriel en abril 20, 2008

Neste vídeo creado en colaboración con Xan Rey (profesor de dinámica no ciclo TSAAFD), poden verse uns lanzamentos a chave típica de Pontevedra e Ourense: chave con dúas aspas horizontais.

Publicado en Educación física, Juegos, TSAAFD, Vídeo | Etiquetado: , , , , | Leave a Comment »

 
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 82 seguidores