Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Probas acceso C.T.D Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón Pontevedra 2017-18

Posted by Paco Carral en septiembre 6, 2017

Para o acceso ós Ciclos Técnico Deportivos os candidatos deberán realizar dentro do proceso selectivo, unha serie de probas na convocatoria correspondente que realiza a Consellería de Educación anualmente. A proba consta dunha parte de condición física e outra de habilidades específicas de cada deporte. Na páxina da Consellería . está a descripción de cada unha das probas nas distintas especialidades deportivas. Enlazamos a de Fútbol e a de Balonmán.

As datas, lugar e horarios das probas publícanse na convocatoria anual que a Consellería realiza a través do DOGA. As probas do IES Sánchez Cantón realízanse no pavillón multiusos da Xunqueira e no campo de herba sintética anexo,  instalacións que cede o  IMD do Concello de Pontevedra.

Toda a información sobre convocatoria, prazos e listados de admitidos publícase na páxina da consellería, ainda que tamén a poderán atopar na páxina de secretaría do noso centro. Tamén teñen información na páxina web de Ensinanzas Deportivas.

Teléfono de contacto do centro IES Sánchez Cantón: 886159039 .

Os candidatos deberán identificarse co DNI e deberán traer indumentaria deportiva. Para a proba técnica de fútbol poden ser utilizadas botas de fútbol.  O campo é de herva sintética, polo que podería  ir ben o multitaco. Tamén pode utilizarse taco de goma.

Horarios e lugar das probas: No IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 /09/2016 ás 10.30 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición. – Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8/9/17 ás 10.00 horas

RESOLUCIÓN de 5 de junio de 2017, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se convocan pruebas de acceso a las enseñanzas deportivas para el curso 2017/18.

Listados inscritos probas 2017-18:

Logo das probas, na páxina da consellería publícanse os resultados. O alumnado deberá matricularse dentro do plazo establecido a risco de perder a súa praza en favor do seguinte na lista.

Actualizado 6/09/2017

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: