Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for 29 abril 2017

Curso de Adaptación de Salvamento acuático para a formación de certificados de profesionalidade: Coruña e Sanxenxo

Posted by Paco Carral en abril 29, 2017

Ante as moitas consultas solicitadas por alumnos e ex alumnos do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón, realizamos as consultas correspondentes e vos pasamos a información que temos polo de agora relativa a formación para os que teñades máis prisa por solucionar o tema. Non descartamos ofertar no futuro un curso de adaptación dende o noso centro.

A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Centro Formador Acreditado pola Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a formación de certificados de profesionalidade, convoca un Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais para os alumnos xa titulados no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Técnicos de Actividades Físico deportivas. Este curso ten unha duración de 270 horas formativas, das cales: 70 horas son formativas, 80 horas son prácticas a realizar nun centro de libre elección do alumno e 120 horas validaríanse coa realización dunha proba de acceso antes do inicio do curso, que se celebraría o día mércores 26 de abril, hora e instalacións pendentes de concretar. A data límite de inscrición será o 24/04/2017, en caso de matrícula a última hora preguntar se quedan vacantes no curso, pois pagar e mandar a documentación o día anterior non garante inscrición no mesmo se este está completo. A FESSGA unicamente celebrará este curso nas súas instalacións da Coruña. Para acceder á convocatoria. http://fessga.es/Novedades.html .

  1. SOS en Instalaciones Acuáticas (CAFDO-IA)
  2. SOS en Espacios Acuáticos Naturales (CAFDO-EAN)

Revisamos a primeira publicación realizada e adxuntamos agora tamén a proposta recibida o 18/4/17 de curso de formación a desenvolver en Sanxenxo por se fose do voso interés: https://drive.google.com/file/d/0B68iVoA8cKobNE1jaVRudV9XRV9LcVBXMGJYaGttMWh1WjMw/view?usp=sharing

Agora adxuntamos as últimas informacións recibidas o 27/4/17

Ver entrada orixinal no blog deXte. Agradecer a información de Xan e Maribel

Posted in Socorrismo | Comentarios desactivados en Curso de Adaptación de Salvamento acuático para a formación de certificados de profesionalidade: Coruña e Sanxenxo