Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archive for 1 septiembre 2016

Probas acceso C.T.D Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón Pontevedra 2016-17

Posted by Paco Carral en septiembre 1, 2016

flexibilidad

Para o acceso ós Ciclos Técnico Deportivos os candidatos deberán realizar dentro do proceso selectivo, unha serie de probas na convocatoria correspondente que realiza a Consellería de Educación anualmente. A proba consta dunha parte de condición física e outra de habilidades específicas de cada deporte. Na páxina da xunta. está a descripción de cada unha das probas nas distintas especialidades deportivas. Enlazamos a de Ftbol e a de Balonmán.

As datas, lugar e horarios das probas publícanse na convocatoria anual que a Consellería realiza a través do DOGA. As probas do IES Sánchez Cantón realízanse no pavillón multiusos da Xunqueira e no campo de herba sintética anexo,  instalacións que cede o  IMD do Concello de Pontevedra.

Toda a información sobre convocatoria, prazos e listados de admitidos publícase na páxina da consellería, ainda que tamén a poderán atopar na páxina de secretaría do noso centro. Tamén teñen información na páxina web de Ensinanzas Deportivas.

Teléfono de contacto do centro IES Sánchez Cantón: 886159039 .

Os candidatos deberán identificarse co DNI e deberán traer indumentaria deportiva. Para a proba técnica de fútbol poden ser utilizadas botas de fútbol.  O campo é de herva sintética, polo que pode ir ben o multitaco. Tamén pode utilizarse taco de goma

Horarios e lugar das probas: No IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7 /09/2016 ás 10.00 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición. – Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7/9/16 ás 9.30 horas

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17

Listados inscritos probas 2016-17: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19680

Logo das probas, na páxina da consellería publícanse os resultados. O alumnado deberá matricularse dentro do plazo establecido a risco de perder a súa praza en favor do seguinte na lista.

Actualizado 1/09/2016

Posted in C. Técnico Balonmano, C. Técnico Fútbol, Ciclos | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Probas acceso C.T.D Fútbol e Balonmán IES Sánchez Cantón Pontevedra 2016-17