Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

O circo na escola

Posted by Paco Carral en julio 15, 2014

Ademáis de desenvolver este ano o PDC no Sánchez Cantón, implicámonos nun Seminario Permanente organizado de xeito interdisciplinar con profesorado de distintos centros e niveis educativos: Secundaria, Ciclos de FP, Primaria, ESAD  de Vigo e centros de Cangas, Vigo e Pontevedra para abordar as técnicas de circo de cara a integralas nos nosos proxectos de creación dun espectáculo ximnástico – expresivo no que incorporaríamos algunhas técnicas de circo aproveitando a experiencia que no relativo á estructura de deseño e montaxe de espectáculos de todo tipo teñen xa algúns dos compoñentes do grupo CIRSCOLA.

O grupo, formado por profesorado de formación diversa atopou grandes nexos de colaboración e aprendizaxe enriquecedor. O principal culpable de todo isto é Miguel A. Raposo, compañeiro do IES Alexandre Bóveda de Vigo que no curso 12-13 sorprendeunos a todos montando o espectáculo A maleta dos Soños” dentro do PDC que desenvolveu no seu centro. No seguinte video podedes ver algunhas secuencias das sesións do S.P desenvolto este ano e no que traballamos aereos: danza vertical, corda, tela, trapecio….

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: