Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Habilidades ximnásticas: uso metodolóxico dos gifs ou imaxes animadas

Posted by Paco Carral en mayo 17, 2014

prog.volteo.ej.dinamicoDe cara ó aprendizaxe dos distintos elementos ximnásticos vistos nas sesións de Habilidades ximnásticas, é importante ter unha boa imaxen mental do movemento a realizar. A realización de videos curtos, series fotográficas dinámicas ou gifs dos distintos exercicios de progresión, mellora a imaxen mental do exercicio a realizar e axuda a ter unha boa percepción das continxencias espacio temporais a ter en conta polo alumno/a.

No gif que se vos presenta, tendes un exemplo de exercicio realizado dentro da progresión ós volteos que foi realizado por 2 alumnas de 1º TSAAFD do Sánchez Cantón de Pontevedra (Alba e Nerea) no curso 2012-13. Para o deseño do gif empregouse o programa Gimp (software libre). No documento colaborativo sobre práctica e teoría que preparamos para a parte de acrosport dinámico podedes realizar aportacións  e tamén incluir o voso propio gif ou algún que atopedes na rede. O alumnado interesado en realizar un gif dalgún elemento acroximnástico pode pasar os mércores no horario de recreo – PDC polo pabellón ou un martes que acordemos ó remate do horario de 1º TSAAFD.

Para a edición dos gifs, o noso alumno Daniel Castro propón o uso a web: Make A Gif, web na que podemos extraer dun video de youtube un gif de ata 5 segundos. O proceso é moito máis sinxelo que no gimp, polo que podedes utilizar calquera das 2 opcións para editar os vosos gifs.

aerial 1 mano

No IES Alexandre Bóveda de Vigo, o noso compañeiro Miguel Raposo e o seu alumnado están tamén a traballar neste documento de xeito colaborativo. Seguro que irán a surxir iniciativas interesantes desta colaboración entre ambos centros e outros dentro do grupo de traballo CIRSCOLA que comezou a súa andadura no curso 2013-14.

Contacto para colaboracións: fpc.individuales@gmail.com

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: