Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Habilidades Ximnásticas: Master Class de Parkour

Posted by Paco Carral en febrero 2, 2013

O Club de Ximnasia Deportiva Acrobática Arousa está a popularizar a disciplina do Parkour na cidade de Villagarcía. O Parkour, tamén coñecido como l’art du déplacement (a arte do desprazamento), é unha disciplina que consiste en desprazarse dunha orixe determinada a unha meta establecida e definida polo propio practicante, quen elixe a súa forma e trazo ao desprazarse, procurando que o seu movemento sexa o mais fluído e armónico posible, usando principalmente as habilidades do seu propio corpo, efectuando movementos propios e característicos da súa persoa (nunca debemos imitar posto que o parkour e a forma de “trasear” é persoal e intransferible). Isto significa superar obstáculos que se presenten no percorrido, tales como valos, muros, paredes, etc. (en ambientes urbanos e naturais). Os practicantes do parkour son denominados traceurs (traceuses no caso das mulleres).

Esta semana na hora de deportes Individuais de 1º TSAAFD no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, uniremos 2 horas e teremos unha master class de Parkour con Leonardo Zuklevicius Mayo, adestrador de Ximnasia Deportiva que accedeu á nosa petición a través do alumno do Ciclo TSAAFD Borja Gómez Buceta. Borja e os seus compañeiros de club están a tentar popularizar en Villagarcía a práctica do Parkour. Leonardo adestra ó grupo amosándolle unha forma máis segura de practicar esta disciplina. O grupo conseguiu atraer aos medios de comunicación, filmando este interesante vídeo divulgativo de cara a conseguir máis espazo e horarios de adestramento nas instalacions municipais para unha disciplina que conecta moi ben coa xuventude e a acerca á ximnasia deportiva como base necesaria para unha práctica máis segura do Parkour.

Enlaces:

Adestramento de Parkour en Vilagarcía: Horario e lugar dos adestramentos: En Fexdega  os luns e xoves de 18.30 – 20.30 h. / No Polideportivo Castelao os martes de 21.30 – 23.30 h.

El documental «Acrobáticos» se adentra en el parkour vigués.

Parkour no TSAAFD 12-13

Anuncios

5 comentarios to “Habilidades Ximnásticas: Master Class de Parkour”

  1. Leo said

    Si queréis saber más de las clases de gimnasia acrobática y Parkour, http://www.acroarousa.tk saludos. Leonardo

  2. Angela said

    Y las clases de Parkour son gratuitas ?

    • Paco said

      Para mayor información ponte en contacto en la dirección facilitada en la entrada.

    • Paco Carral said

      Estamos en trámites para iniciar un taller el próximo curso 14-15. Las condiciones de acceso y posibles cuotas las veremos cuando nos presente la propuesta el responsable del taller

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: