Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Organización de eventos: Semana branca Ciclo TSAAFD en Andorra 2013

Posted by Paco Carral en enero 31, 2013

Do sábado 19 ao 26 de xaneiro de 2013 o alumnado do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, participou na Semana Branca en Andorra.

Os alumnos e alumnas do Ciclo realizaron diversas tarefas programadas polo profesorado acompañante e demais equipo avaliador do Ciclo TSAAFD co fin de adquiriren capacitación nos eidos da planificación, execución e avaliación de actividades de dinamización de grupos no medio natural.

Ademais de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí alpino na estación de Soldeu Tarter, desenvolveuse unha actividade de patinaxe sobre xeo no Palau de Xel de Canillo e realizaouse unha visita ó centro termolúdico de Caldea.

Sen dúbida, esta saída complementa axeitadamente a formación do alumnado do ciclo TSAAFD de cara a facilitar a súa inserción no mercado laboral ou na posterior formación universitaria.

Acompañaron ó alumnado un grupo de participantes externos e ex alumnos que asumiron o papel de clientes virtuais do servicio. O alumnado asumiu labores de colaboración e control do grupo, reparto de material, entradas, tickets e forfaits, control e lista de participantes para o comedor, control e contaxe en paradas, así como elaboración de reportaxe gráfico e videos sobre a metodoloxía de ensino nos cursos de esquí e reportaxe sobre as pistas máis interesantes baixo o punto de vista do acompañamento recreativo de grupos.

O sistema de información para a inscripción dos participantes foi desenvolto a través da Web de xestión de actividades  que temos no centro e que estructúrase dentro da plataforma moddle. En canto ás ferramentas de moddle que utilizamos están o formato web para a edición da información e para as inscripcións utilizamos a ferramenta denominada retroalimentación anónima, o que permite inscribir ós participantes independentemente de que teñan contrasinal. Para a avaliación da actividade utilizouse tamén a ferramenta da retroalimentación anónima que nestes días está a recibir a información que dará lugar os cambios que os nosos alumnos e clientes virtuais nos van pedindo cada ano.

Para a xestión de correo cos participantes utilizouse unha conta de gmail na que vimos almacenando e elaborando grupos cos contactos de todos os anos. Para a administración e control contable utilizamos software libre, follas de cálculo open office, tendo unha asociación de alumnos (Aletheia) a través da cal xestionamos a recaudación e posterior pago á axencia ( Barceló Viaxes). As fichas de traballo utilizadas co alumnado durante a actividade foron elaboradas no Módulo de Proxecto co profesor Xan Rey Durán.

Colaboracións na edición desta entrada: Charo Sánchez Gabriel (Biblioteca) e Xosé Luís Janeiro Espiñeira (FOL). Asesoramento, deseño e estructura web: Marián Costa Giráldez (TIC) .

Enlaces: Canal youtube IES Sánchez Cantón

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: