Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Organización de eventos: I Carreira Escolar Solidaria Illa do Cobo

Posted by Paco Carral en enero 9, 2013

carrerasolidaria

Agradecemento ó alumnado de 2º TSAAFD do Sánchez Cantón

Algúns participaron correndo e a maioría encargáronse das distintas funcións organizativas da carreira. Os alumnos de 2º TSAAFD do Sánchez Cantón, no Módulo de Xestión co profesor Telmo Silva Alonso encargáronse da organización do evento: inscripcións, dorsais, balizado, control de saídas e chegadas, ubicación dos participantes, chamadas, avituallamento, montaxe e recollida dos materiais ó remate do evento.

Arrancou todo moi cedo na mañán do xoves 20/12/2012. O obxectivo era recaudar alimentos para o comedor social nos centros participantes, Xunqueira I, Xunqueira II e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Os premios: un pavo ó 1º clasificado, un lacón ó 2º e unha folla de bacalao ó 3º tamén foron entregados no comedor social ó día seguinte xunto cos alimentos recaudados nos centros. Unha iniciativa conxunta dos 3 centros coa colaboración do profesorado dos Departamentos de Educación Física. Agradecemos especialmente a colaboración prestada polo Instituto Municipal de Deportes e Concellería de Deportes. Durante a carreira realizouse un amplo reportaxe fográfico  realizado polo profesorado do IES Xunqueira II de Pontevedra.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: