Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Inscripción nas probas e matrícula nos ciclos de técnicos deportivos curso 2009-2010

Posted by Gabriel en julio 15, 2009

Inscrición para as probas.
1. A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 31 de xullo, e do día 1 ao 9 de setembro de 2009. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios, o día 10 de setembro, o seguinte:
a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.
b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

2. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
-Fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.
-Título de graduado en ESO ou bacharel, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións de ESO ou de bacharelato.
-Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.
-Certificado da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.
-Certificación que acredite a superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.
-Certificación que acredite a superación da parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.
-Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente.

3. As persoas solicitantes da exención total ou parcial da realización da proba de madureza por ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
relación definitiva de persoas inscritas exporase a partir do día 14 de setembro de 2009 no centro onde se vaian realizar as probas, así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/ea.

Probas:
Ciclo de Fútbol
Lugar: terá lugar no IES Cruceiro Baleares en Culleredo, o día 24 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
Probas específicas para o técnico deportivo en fútbol e fútbol sala

Ciclo de Balonmán
Lugar: Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 25 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
Probas específicas para o técnico deportivo en balonmán

Matrícula
1. O prazo de matrícula será do 28 de setembro ao 9 de outubro, en período ordinario, e do 13 de outubro ao 30 de outubro, en período extraordinario.
2. Para a formalización das solicitudes de matrícula os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo II a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada.
3. No relativo a criterios de admisión, observarase ao disposto polo Real decreto 1363/2007 no seu artigo 34.

DOG 17 xuño de 2009

Entradas relacionadas:

Anuncios

3 comentarios to “Inscripción nas probas e matrícula nos ciclos de técnicos deportivos curso 2009-2010”

  1. Belén said

    Gabriel, podrías decirme qué día es la presentación de Tsaafd, es que me gustaría saber que día empieza. gracias

  2. […] a este enlace e infórmate en la web de la Consellería de Educación o accede directamente al blog “Ciclos Deporte” donde este enlace te llevará a un post con información detallada sobre requisitos de entrada, […]

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: