Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Bolos Celta: as regras

Posted by Gabriel en mayo 26, 2009

A modalidade de Bolos Celta é un deporte autóctono que se soga principalmente no Val Miñor e no Baixo Miño: Concellos de Baiona, Oia, Gondomar, Nigrán, Tomiño, O Rosal etc e nos centros galegos de Montevideo e Bos Aires.
O obxectivo de cada tirada é derrubar o maior número de bolos posible pero desprazándoos o mais lonxe posible para acadar a mellor xogada.

bolos

REGRAS:
Campo de xogo: Base de lanzamento (35 a 40 cm. de altura), lugar de caída, pedra boleira (á mesma altura que a base), raia ou liña de 10 puntos (situada a 21 metros da pedra boleira) e punto de birlo (dende calquera punto da raia).

Bolas de madeira dura ( buxo, principalmente ).

Bolos: 18 en forma de cono ou bala, de uns 15 cm. de altura.

Valoración das xogadas: Para poder anotar puntos é necesario que a bola, despois de ser lanzada, supere a raia ou liña de 10 puntos.
Cada bolo derrubado vale 1 punto. Os bolos que superen a raia valen 10 puntos cada un.

Birlar: Para birlar lánzase a bola rodando dende un punto fixo da raia. Pero para poder birlar é necesario que a bola lanzada dende a base teña superado a raia, senón non hai dereito a birlar.
Cada bolo derrubado co lanzamento dende o punto de birlo vale un punto.

Artículos relacionados:

Iniciación os Bolos Celta

Bolos celta

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: