Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Ficha de avaliación dos estilos de natación

Posted by olallagl en julio 6, 2008

ACTIVIDADE DE NATACIÓN (DEPORTES INDIVIDUAIS)

Propoñemos unha posible actividade para realizar co alumnado que cursa o módulo de Actividades físico-deportivas individuais, que consiste en elaborar, individulamente, unha ficha de observación para cada un dos estilos de natación, que será empregada para coavaliar ditos estilos nas correspondentes sesións prácticas.

Pautas para a elaboración das fichas:
Deberá ser presentada como unha lista de control, definida por D.Bláquez (1990) como unha serie de frases que expresan conductas positivas ou negativas, secuencias de accións, etc. ante as que o observador sinalará a súa ausencia ou presencia. Poñen de manifesto a aparición ou non dunha aprendizaxe ou rendemento e esixen únicamente un sinxelo xuizo: si ou non, é dicir manifestacións positivas ou negativas da conducta.

Presentará, como mínimo, a seguinte estructura:

  • Posición do corpo.
  • Acción das pernas.
  • Acción dos brazos (dividíndoa segundo as fases da mesma).
  • Respiración.
  • Coordinación.

Podedes consultar algúns exemplos de fichas de observación dos estilos no libro “Hacia el dominio de la natación” de Fernando Navarro (1990) e na páxina web de i-natación.
As fichas pódense presentar en papel ou en soporte dixital, e valoraráse a orixinalidade das mesmas.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: