Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Archivos de la categoría ‘D. Individuales’

Campeonatos Nacionais de Ximnasia Educativa: 1957

Publicado por Paco en marzo 4, 2013

No ano 1957 o Instituto de Pontevedra foi proclamado Campión Nacional de Ximnasia Educativa. De volta a Pontevedra celebrouse o Festival Ximnástico que podedes ver nesta gravación orixinal como homenaxe aos alumnos que acadaron tan prezado galardón. Os trofeos pódense contemplar nas vitrinas do IES Sánchez Cantón.O evento foi dirixido e organizado por D. Manuel Corrochano Gálvez e Bernardino Rodiño, Profesores de Educación Física.  A comunidade educativa do IES Sánchez Cantón agradece a D. Rafael Sánchez Agustino, a D. Francisco Lorenzo Torres e  D. José Lorenzo Torres o feito de poder contar hoxe con tan valioso documento. A película orixinal foi rodada en Super-8.

O deporte no Instituto de Pontevedra: 1900 – 1963

Publicado en D. Individuales, Gimnasia, TSAAFD, Vídeo | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Habilidades Ximnásticas: Master Class de Parkour

Publicado por Paco en febrero 2, 2013

O Club de Ximnasia Deportiva Acrobática Arousa está a popularizar a disciplina do Parkour na cidade de Villagarcía. O Parkour, tamén coñecido como l’art du déplacement (a arte do desprazamento), é unha disciplina que consiste en desprazarse dunha orixe determinada a unha meta establecida e definida polo propio practicante, quen elixe a súa forma e trazo ao desprazarse, procurando que o seu movemento sexa o mais fluído e armónico posible, usando principalmente as habilidades do seu propio corpo, efectuando movementos propios e característicos da súa persoa (nunca debemos imitar posto que o parkour e a forma de “trasear” é persoal e intransferible). Isto significa superar obstáculos que se presenten no percorrido, tales como valos, muros, paredes, etc. (en ambientes urbanos e naturais). Os practicantes do parkour son denominados traceurs (traceuses no caso das mulleres).

Esta semana na hora de deportes Individuais de 1º TSAAFD no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, uniremos 2 horas e teremos unha master class de Parkour con Leonardo Zuklevicius Mayo, adestrador de Ximnasia Deportiva que accedeu á nosa petición a través do alumno do Ciclo TSAAFD Borja Gómez Buceta. Borja e os seus compañeiros de club están a tentar popularizar en Villagarcía a práctica do Parkour. Leonardo adestra ó grupo amosándolle unha forma máis segura de practicar esta disciplina. O grupo conseguiu atraer aos medios de comunicación, filmando este interesante vídeo divulgativo de cara a conseguir máis espazo e horarios de adestramento nas instalacions municipais para unha disciplina que conecta moi ben coa xuventude e a acerca á ximnasia deportiva como base necesaria para unha práctica máis segura do Parkour.

Enlaces:

Adestramento de Parkour en Vilagarcía: Horario e lugar dos adestramentos: En Fexdega  os luns e xoves de 18.30 – 20.30 h. / No Polideportivo Castelao os martes de 21.30 – 23.30 h.

El documental «Acrobáticos» se adentra en el parkour vigués.

Parkour no TSAAFD 12-13

Publicado en Acrosport, D. Individuales, Gimnasia, Recreación, TSAAFD | Etiquetado: | 2 Comentarios »

Organización de eventos: Semana branca Ciclo TSAAFD en Andorra 2013

Publicado por Paco en enero 31, 2013

Do sábado 19 ao 26 de xaneiro de 2013 o alumnado do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, participou na Semana Branca en Andorra.

Os alumnos e alumnas do Ciclo realizaron diversas tarefas programadas polo profesorado acompañante e demais equipo avaliador do Ciclo TSAAFD co fin de adquiriren capacitación nos eidos da planificación, execución e avaliación de actividades de dinamización de grupos no medio natural.

Ademais de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí alpino na estación de Soldeu Tarter, desenvolveuse unha actividade de patinaxe sobre xeo no Palau de Xel de Canillo e realizaouse unha visita ó centro termolúdico de Caldea.

Sen dúbida, esta saída complementa axeitadamente a formación do alumnado do ciclo TSAAFD de cara a facilitar a súa inserción no mercado laboral ou na posterior formación universitaria.

Acompañaron ó alumnado un grupo de participantes externos e ex alumnos que asumiron o papel de clientes virtuais do servicio. O alumnado asumiu labores de colaboración e control do grupo, reparto de material, entradas, tickets e forfaits, control e lista de participantes para o comedor, control e contaxe en paradas, así como elaboración de reportaxe gráfico e videos sobre a metodoloxía de ensino nos cursos de esquí e reportaxe sobre as pistas máis interesantes baixo o punto de vista do acompañamento recreativo de grupos.

O sistema de información para a inscripción dos participantes foi desenvolto a través da Web de xestión de actividades  que temos no centro e que estructúrase dentro da plataforma moddle. En canto ás ferramentas de moddle que utilizamos están o formato web para a edición da información e para as inscripcións utilizamos a ferramenta denominada retroalimentación anónima, o que permite inscribir ós participantes independentemente de que teñan contrasinal. Para a avaliación da actividade utilizouse tamén a ferramenta da retroalimentación anónima que nestes días está a recibir a información que dará lugar os cambios que os nosos alumnos e clientes virtuais nos van pedindo cada ano.

Para a xestión de correo cos participantes utilizouse unha conta de gmail na que vimos almacenando e elaborando grupos cos contactos de todos os anos. Para a administración e control contable utilizamos software libre, follas de cálculo open office, tendo unha asociación de alumnos (Aletheia) a través da cal xestionamos a recaudación e posterior pago á axencia ( Barceló Viaxes). As fichas de traballo utilizadas co alumnado durante a actividade foron elaboradas no Módulo de Proxecto co profesor Xan Rey Durán.

Colaboracións na edición desta entrada: Charo Sánchez Gabriel (Biblioteca) e Xosé Luís Janeiro Espiñeira (FOL). Asesoramento, deseño e estructura web: Marián Costa Giráldez (TIC) .

Enlaces: Canal youtube IES Sánchez Cantón

Publicado en D. Implementos, D. Individuales, F.O.L, Gestión, Patinaje, Recreación, TSAAFD | Deja un Comentario »

Actividades de Natación

Publicado por Gabriel en noviembre 1, 2012

aula virtual

Ya tenéis los grupos, contenidos y fechas previstas para las prácticas de natación en el aula virtual del IES Ortega y Gasset (Madrid). Consultad el archivo y si tenéis alguna incidencia poneros en contacto con el profesor/a del módulo.

Publicado en Actividades, D. Individuales, Natación, TSAAFD | Deja un Comentario »

Habilidades ximnásticas: proba práctica 1º TSAAFD

Publicado por Paco en octubre 11, 2012

A proba práctica de avaliación de habilidades ximnásticas consiste na realización dun montaxe das seguintes características:

  • Constará de 6 elementos ximnásticos de complexidade variable. O equilibrio de brazos e a roda lateral serán elementos ximnásticos obrigatorios, ainda que poden ser sustituidos por elementos ximnásticos de maior complexidade.
  • Os elementos ximnásticos serán unidos a través de al menos 4 enlaces ou elementos de transición, que poderán ser equilibrios, saltos, xiros ou desprazamentos, sendo recomendable que elixades al menos 1 enlace de cada grupo. Durante o examen poderanse recibir axudas, pero é importante que estén debidamente sincronizadas en canto a ubicación e realización.

Os exames son filmados, deste xeito o alumnado pode observar a súa execución e coñecer os erros a correxir. O alumnado que así o desexe pode subir o seu video a youtube e remitirnos o enlace correspondente.

O alumnado debe presentar un documento cun esquema da colocación das colchonetas (normalmente en L) e a ubicación espacial que fará dos distintos elementos e enlaces a utilizar no exercicio, detallando as axudas que se van a recibir. E necesario presentar un borrador previo durante as xornadas de preparación da proba. O documento definitivo entrégase o día do examen.

Entrada actualizada para o curso 2012-13: publicada inicialmente o 17/3/12. Agradecer a colaboración do alumnado de TSAAFD que intervén nos distintos videos e na confección dos documentos de apoio.

Publicado en D. Individuales, Educación física, Gimnasia, TSAAFD | Deja un Comentario »

Natación: proba para 1º TSAAFD

Publicado por Paco en septiembre 30, 2012

Normas básicas da proba de natación para 1º TSAAFD 2012-13
A proba realízase en piscina de 25 m, e consiste en nadar 75 m. nos estilos de crol, espalda e braza cunha fase de buceo ó remate do 1º largo a estilo crol. A saída realízase dende a auga e durante a proba non poden ser feitos viraxes. O crono párase ó tocar ambas mans a parede ó remate do largo de braza.
  • Na saída para o primeiro estilo (crol), o  nadador espera a saída co corpo na auga e tendo unha man en contaco co bordillo. O alumno estará atento ó profesor, que terá o brazo en alto, iniciando a saída cando éste inicie o movemento de baixada do brazo e accionando o crono.

No caso de saida falsa ou ter que repetir a proba, farase logo de que o alumno dispoña dun espazo de tempo de recuperación ou ó remate da proba por parte do resto dos compañeiros/as.

  • Antes de terminar o primeiro largo de estilo crol, é sen tocar previamente o bordillo / parede / corcheira, o alumno/a debe recoller un aro duns 20 cm. de diámetro que estará situado no fondo da piscina antes do inicio da proba e aproximadamente a 1 metro de distancia da parede. O alumno recollerá 1 aro e o deixará sobre o bordillo da piscina coa man conforme ó video demostrativo.
  • Logo de deixar o aro, o nadador poderá empurrarse cos pes ou mans na parede de xeito dorsal para iniciar o 2º largo  co estilo espalda ata finalilzar na parede oposta e mantendo unha posición dorsal de nado. Non facelo deste xeito motivará a suma de al menos 1 segundo no tempo total ou a repetición da proba a criterio do examinador.
  • O 3º largo deberá ser nadado co estilo braza, debendose de realizar o movemento de brazos e patada de braza de xeito coordinado. Na chegada o crono párase cando chegan as 2 mans á parede.
Os mínimos conforme ó Baremo da proba son:
  • 1 minuto 38 segundos para os homes
  • 1 minuto 39 segundos para as mulleres.

Poderanse realizar controis previos de avaliación

Material necesario para acceso á piscina: chanclas de baño, bañador e gorro.
Material necesario para as clases: gafas, toalla, aletas cortas (opcional), papel e bolígrafo.
Durante o test o resto do alumnado manterase fora da calle de examen ata a saída. Logo do inicio do 3º largo (braza), o seguinte alumno conforme ó turno establecido, ubicarase no lugar de saída e estará atento ás instruccións de saída do profesor.
O alumnado poderá realizar máis de un intento en función do tempo e datas dispoñibles.

Publicado en D. Individuales, TSAAFD, Vídeo | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Gimnasia: Un 1,00 que valió 10 puntos

Publicado por Paco en julio 18, 2011

Ocurrió hace hoy 35 años, el 18 de julio de 1976 en las Olimpiadas de Montreal. La historia de ese primer 10,00 está llena de anécdotas. De cómo las jueces, adiestradas para restar décimas no fueron capaces de encontrar ningún fallo en el ejercicio de Nadia, o de ese marcador que no estaba preparado para la perfección y en lugar de mostrar un 10, lo que enseñó al mundo como puede verse en la fotografía, fue un 1,00.

Leer el resto de esta entrada »

Publicado en D. Individuales, Gimnasia, TSAAFD | Deja un Comentario »

Recurso tic sobre el deporte de orientación

Publicado por Gabriel en junio 6, 2011

orientaciónA través del blog de Educación física-IES Dámaso Alonso de Puertollano encontramos este recurso sobre el deporte de orientación que nos parece muy interesante. El recurso está en la web del IES las Llamas de Cantabria y no sólo ofrece información sobre el deporte de orientación sino también actividades para los alumnos.

Podcast del programa Deporte y Aventura de Radio 5 sobre el Deporte de  Carreras de orientacion.


 

Publicado en D. Individuales, Deportes, Educación física, TSAAFD | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Buceo: accidentes de descompresión

Publicado por Paco en marzo 30, 2011

En este gráfico publicado en elmundo.es podemos ver de forma gráfica un análisis de las trayectorias adecuadas de inmersión y emersión en el buceo. Con desgraciada frecuencia suelen aparecer en los medios de comunicación noticias sobre accidentes de descompresión.

 

Para saber más:

Accidentes de descompresión:Aeroembolismo y síndrome de descompresión.

Publicado en D. Individuales, Natación, Socorrismo | Etiquetado: , | Deja un Comentario »

Flexibilidad: importancia de una rutina estable

Publicado por Paco en marzo 18, 2011

En un trabajo reciente llevado a cabo por investigadores de la Universidad de Washington y la USA Track and Field Association (USATF), de EE.UU., que ha sido presentado en el último congreso de la American Academy of Orthopaedic Surgeons se ha presentado un estudio que examina la relación entre los estiramientos y el riesgo de lesión.
Los investigadores han analizado a un total de 2.700 personas de más de 13 años, divididas en dos grupos: uno que realizó unos minutos de estiramientos antes de correr casi 17 kilómetros cada semana durante 3 meses y otro que no los practicó. Las conclusiones del estudio avalan la importancia de una rutina estable.

Publicado en Atletismo, Bases anatómicas fisiológicas, D. Individuales, Salud, TSAAFD | Etiquetado: | Deja un Comentario »

 
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 70 seguidores