Probas de aceso a Ciclos Técnico Deportivos nivel I de Fútbol e Balonmán
Prazo de matrícula: do 7 de xuño ata o 28 de xuño na Secretaria do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Comunícase ó alumnado e interesados as datas e lugar de inscripción para as probas de acceso ós Ciclos Técnico Deportivos de nivel I en Fútbol e Balonmán conforme á RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013.
Requisitos nivel I:
- Título de graduado en ESO ou equivalente
- Ter 17 anos e superar a proba de madurez
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
Solicitudes de inscrición: Anexo I da Resolución do 4 de xuño de 2012
(DOG, num 108 do 7 de xuño de 2012).
- Mérito deportivo: Condición deportista de alto nivel.
- Aspirantes con discapacidade: Certificado emitido polo IMSERSO.
- Titulacións obtidas no extranxeiro: Volante de inscrición condicional
PRAZOS:
- Relación provisoria de persoas inscritas: 10 de xullo.
- Alegacións ás listaxes provisorias: do 11 ó 13 de xullo
- Relación definitiva de persoas inscritas: 19 de xullo.
- Prazo de matrícula: dende a data da publicación de admitidos ata o 19 de setembro.
Descripción das probas:
- Descripción da proba de condición física, descripción da proba de habilidade acceso CTD Fútbol I
- Descripción da proba específica acceso CTD Balonmán I
Datas, horario e lugar das probas:
- Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 h ás 13.00 h.IES As Fontiñas en Santiago de Compostela
- Probas de acceso específica: 11 de setembro as 9.00 h. Campo de fútbol A Xunqueira II
Máis información na web do IES Sánchez Cantón, ou na nosa conta de Twiter
Preinscripción ciclos técnico deportivos nivel II e III de fútbol e balonmán
Comunícase ó alumnado os prazos e lugar de pre-inscripción para os Ciclos Técnico Deportivos de nivel II e Ciclo Superior, nivel III en Fútbol e Balonmán a desenvolver no IES Sánchez Cantón de Pontevedra no curso escolar 2012-13.
As preinscripcións deberán realizarse na secretaría do IES Sánchez Cantón de Pontevedra ata o día 28 de xuño de 2012. Os ciclos serán impartidos en caso de alcanzar al menos 10 alumnos na matrícula definitiva por nivel.
Requisitos nivel III:
- Título de Bacharelato ou equivalente
- Título técnico deportivo de grao medio
- Experiencia profesional de unha tempada ou 6 meses (183 días) con ficha federativa de adestrador en calquera categoría (3ª división, Rexional Preferente, Rexional Ordinaria, Liga Nacional Xuvenil, o en competiciones de las categorías Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín ou Benxamín)
Requisitos nivel II: ter superado o nivel I de técnico deportivo de grao medio na disciplina deportiva correspondente (fútbol ou balonmán)
- Información web Consellería Educación
- Máis información na Web do IES Sánchez Cantón ou na nosa conta de Twiter




