Ciclos Deporte

Bitácora de aula del área de Educación Física

Webquest de fítness acuático e natación para discapacitados visuais

Publicado por olallagl en Junio 17, 2008

INTRODUCCIÓN

Trátase dunha webquet destinada a coñecer, dentro do bloque de contidos relacionados coa natación, aspectos relativos ao fitness acuático e á natación para discapacitados visuais.

TAREFA
Nesta webquest teredes que buscar información sobre o fitness acuático para contestar ás cuestións plantexadas. O traballo poderá ser presentado nun arquivo de texto (OpenOficce o Word) ou nunha presentación (OpenOficce ou Power Point). Traballaredes por parellas, buscando información relativa a cada apartado para logo contestalas.

1. Fitness acuático.

  • Definición de fitness acuático.
  • Programas que se desenvolven baixo a concepción do fitnees acuático e definición dos mesmos.
  • Ventaxas do fitness acuático en comparación co medio terrestre.
  • Quen pode practicar finess acuático e porqué.

2. Natación para discapacitados visuais.

  • Regras básicas das competicións e organismos que regulan as mesmas.
  • Características dunha instalación ideal.
  • Beneficios da práctica da natación.
  • Indica os aspectos fundamentais a considerar no proceso de ensino e aprendizaxe da natación dos discapacitados visuais.

RECURSOS

    A continuación tedes unha relación dalgunhas direccións que vos serán útiles e nas que atoparedes outras direccións de interés. Ademais, podedes empregar un buscador, reducindo a búsqueda mediante palabras claves como poden ser natación invidente, natación ciegos, finess acuático beneficios…

    Buscador xeral: http://www.google.es

    Wikipedia (enciclopedia libre na rede): http://es.wikipedia.org/wiki/Portada

    FEDA (Federación Española de Aeróbic): http://www.feda.es

    Lecturas: EF y Deportes (revista dixital): http://www.efdeportes.com

    IBSA (International Blind Sports Association): http://www.ibsa.es

    FEDC (Federación Española de Deportes para Ciegos): http://www.fedc.es

AVALIACIÓN

Sinalar que cada apartado será avaliado de forma independiente, sendo necesario superar cada un deles, tendo en conta os seguintes cirterios

  • Aspectos formais de presentación.
  • Claridade na exposición do contidos.
  • Número de cuestións resoltas satisfactoriamente.
  • Capacidade de recopilación e síntese de información.
  • Referencia ás fontes de información das que se obtivo a información para cada cuestión.

CONCLUSIÓN

Ao final desta webquest debedes manexar mais información sobre temas de interés como a natación para discapacitados visuais e fitness acuático.

GUÍA DIDÁCTICA

Esta webquest está destinada aos estudiantes del ciclo formativo de grao superior correspondete ao título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físico Deportivas.

Competencias:

  • Capacidade para identificar aspetos básicos relacionados coas actividades acuáticas relacionadas co fitness acuático e para discapacitados visuais.
  • Capacidade de utilizar e integrar distintas fontes de información relativa á natación.
  • Capacidade para traballar de maneira cooperativa.

Contidos:

Fitness acuático.

Natación para discapacitados visuais.

 

Una respuesta para “Webquest de fítness acuático e natación para discapacitados visuais”

  1. Gabriel escribió

    Estupendo, la voy a utilizar cómo actividad de recuperación para los alumnos de 1º.

Escribe un comentario

XHTML: Puedes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>